Preguntas máis frecuentes (FAQ)

Parte 1. Fpadistancia, acceso ao sistema e navegación.

FP a distancia é a aula virtual da Formación Profesional galega na modalidade de distancia.

Neste tipo de ensinanzas o estudantado terase matriculado de un ou de varios módulos profesionais, cada un dos cales está deseñado como un curso en liña. Estes cursos atoparaos nesta Plataforma Educativa, que se trata dunha zona restrinxida á que se accede mediante os datos que se facilitaron tras formalizar a matrícula.

Para poder matricularse nun ciclo formativo de FP a distancia debe participar no proceso de admisión a ciclos formativos que comeza cada ano habitualmente a finais de xuño. Unha vez se lle adxudique algún módulo poderá matricularse no centro correspondente e proporcionaráselle acceso á plataforma de FP a distancia.

Cando empece o proceso de admisión publicarase toda a información na ligazón https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp.

No menú da esquerda desa páxina pode seleccionar a información máis axeitada ao seu interese.



Debe dispoñer dunha conta de usuario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no dominio @edu.xunta.gal para acceder a plataforma de Fp a distancia. No caso de non ter esa conta e non saber como solicitala pode informarse a través da Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:

Se dispón dunha conta de correo no dominio @edu.xunta.gal e aínda así non pode acceder, podería haber moitas razóns, pero a máis probable é que simplemente esquecera o seu contrasinal, estea intentando acceder cun contrasinal equivocado ou o estea escribindo incorrectamente.

Para realizar unha comprobación dos datos da súa conta, pode probar a entrar cos mesmos datos (conta @edu.xunta.gal e contrasinal correspondente) noutros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade como na aplicación de xestión de contas de usuario a través da dirección:

 

No caso de non poder acceder tampouco aos demais servizos é que se trata dun problema da súa conta en deberá poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:

Algunhas outras posibilidades son:

Se o acceso é adecuado probablemente presentaralle unha páxina co seu curso en branco (baleiro). Se o acceso non é correcto pode comprobar:

  • Ten o teclado activadas as maiúsculas?
  • Intercalou espazos en branco, maiúsculas ou acentos en nome de usuario ou contrasinal? Probe sen eles.

Se non está xa matriculado nun curso, pode atopalo por medio do seu nome e descrición. Se xa está matriculado apareceralle no seu bloque "Os meus cursos".

Mediante o seu bloque "Os meus Cursos" se está dispoñible. Volva á páxina principal a través do enlace "Platega", no menú principal da esquina superior esquerda.

Utilice o botón de atrás, ou a lista de páxinas visitadas, do seu navegador, a través da frecha cara á esquerda, na barra de ferramentas do seu navegador na parte superior esquerda ou o botón da parte completamente inferior da páxina do curso.

Tamén pode volver á páxina principal a través do enlace “Inicio”, no menú principal da esquerda ou premendo na imaxe co nome da plataforma que aparece FPaDistancia na parte superior esquerda

Parte 2. Perfil: Datos persoais.

Na barra superior, na esquina dereita aparece o nome de usuario co que se identificou. Se quere modificalo debe editar o seu perfil entrando na opción “Perfil” que aparece no despregable ao carón do seu nome. Na páxina que aparece poderá modificar os seus datos. Estes datos persoais permiten identificar á persoa só dentro do contorno de FP a distancia, polo que estes valores resultan independentes da súa conta de @edu.xunta.gal ou doutros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Parte 3. Comunicación dentro de Fpadistancia e nos cursos: Foros e Correo electrónico.

Existen varias opcións de comunicación co seu titor:

  • A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións no foro.
  • A través do sistema de mensaxería interna da plataforma. As mensaxes enviadas por este medio son privadas entre vostede e o seu comunicante, xa sexa o titor ou calquera outro participante.
  • A través do correo electrónico, se o titor o permite, utilizando o seu programa de correo habitual.

Existen varias opcións:

  • Poida que o seu enderezo de correo no seu perfil sexa erróneo ou estea deshabilitado.
  • Pode ser que non se subscribira aos foros que xeran correos.
  • Tamén poder ter deshabilitadas as notificacións vía correo nas “Preferencias de notificación” que pode modificar entrando na opción “Preferencias” do despregable que aparece na dereita da barra superior.

O correo electrónico é esencial para o funcionamento da plataforma de FP a distancia. Se quere reducir a cantidade de correos que recibe pode:

  • Editar as súas preferencias e cambiar a configuración das “Preferencias do foro” escollendo “Completo” ou “Por asuntos” e recibirá así un único correo diario.
  • Cancelar a súa subscrición aos foros non esenciais, aínda que debería ter en conta as recomendacións do/a docente de cada módulo.
  • Inhabilitar a súa dirección de correo electrónico no seu perfil, aínda que non é recomendable xa que pode afectar ás comunicacións por parte do seu titor.

Parte 4. Envío de tarefas e cualificacións.

Pode ser que:

  • A tarefa estea pechada nese momento.
  • A tarefa non fora aberta aínda.
  • Xa enviou algo antes e a configuración impida que repita o envío da tarefa.

Existen varias formas de acceder a eses comentarios:

  • O método máis corrente consiste en ir ao mesmo sitio, Tarefa, no que enviou o traballo.
  • Outro método consiste en pulsar no vínculo que se atopa no bloque "Actividades recentes", no caso de que o/a docente inclúa ese bloque no seu curso.
  • Un método máis consistiría en acceder ao libro de cualificacións e picar no vínculo correspondente á tarefa.